TomTom presenta un navegador GPS para caravanas

luns, 30 de abril do 2012 Marcus Fernández

Os navegadores GPS están forzados a renovarse ante a forte competencia que supoñen os smartphones, e como mostra diso TomTom anuncia que en breve terá dispoñible por 399,95 euros o seu novo GO LIVE Camper & Caravan, un dispositivo orientado á navegación para cámper ou caravana, que conta cun catálogo de máis de 20.000 puntos de interese como zonas de acampada, instalacións para WC químicos e zonas de servizo para campers en Europa; tamén alerta de carreteiras demasiado estreitas ou pontes demasiado baixas; adáptase a distintos perfís (pode indicárselle o tamaño, peso e velocidade de distintos vehículos); con cun soporte válido tanto para o cadro de instrumentos coma para o parabrisas; e tamén permite estar ao día de novidade meteorolóxicas e de tráfico grazas aos servizos LIVE (inclúe 1 ano de balde).
Este novo navegador ten unha pantalla multi-táctil de 5 polgadas que pemrite empregar 2 dedos para ampliar ou reducir a imaxe do mapa, as súas instrucións por voz tamén indican os nomes das rúas, pode empregarse como mans libres Bluetooth, inclúe indicación de carrís (facilitando especialmente as incorporacións e saídas de autoestradas) e, entre moitas outras vantaxes, tamén informa da presenza de radares de tráfico e tramos de velocidade controlada.

PUBLICIDADE