Torchlight II chega a consolas

martes, 3 de setembro do 2019 Marcus Fernández

Os xogos de rol de acción ambientados en alxubes como a serie Diablo teñen toda unha lexión de seareiros dende hai anos, que non teñen dabondo cunha única franquía de referencia, o que fixo que Runic Games conseguise grande éxito coa súa serie Torchlight, da que chegou a segunda grande entrega a PC a finais de 2012, conseguindo superar o millón de copia en poucos meses, deixando clara a elevada demanda dun xogo que fíxose agardar para consolas até hoxe, cando chega finalmente a Xbox One, PlayStation 4 e Nintendo Switch.
Torchlight II sae á venda en consolas ofrecendo a posibilidade de xuntar a un grupo de heroes para protexer o Núcleo do Mecanismo que mantén selado o Averno dos ataques dun Alquimista corrupto, para así salvar ao mundo. Unha aventura que podemos emprender de xeito individual ou en equipos de até 4 xogadores en liña.

Torchlight II é un xogo de rol de acción na liña de Diablo, que tivo moi boa acollida en PC e que agora dá o salto a consolas

Tráiler da versión para consolas de Torchlight II

PUBLICIDADE