Toshiba anuncia a súa nova tableta con Windows 10
martes, 13 de outubro do 2015
A Surface Pro 4 parece o equipo a imitar de cara o Nadal,
pero algúns fabricantes prefiren deixar clara a orientación da súa propia
versión da proposta de Microsoft, como Toshiba, que co seu novo dynaPad busca
unha potencia máis reducida, pero un peso e un grosor menores, dando así un maior
protagonismo á portabilidade.
O Toshiba
dinaPad é froito da colaboración entre Toshiba e Microsoft, e busca ser
tanto un ordenador portátil cunha base-teclado ultra-delgada que poida resultar
ideal para labores de creatividade grazas ao seu lapis Wacom sensible a 2.048
niveis de presión.
Este novo equipo está baseado nunha pantalla IPS de 12 polgadas cunha
resolución de 1.920 x 1.280 píxeles, cun dobre recubrimento contra reflexos e
pegadas dixitais, que busca converterse nun equipo 2-en-1 que tire un bo
proveito de Continuum ao poder alternar entre uso como portátil ou como
tableta, e que sairá en
decembro no Xapón (a un prezo estimado de 130.000 iens, o que veñen a ser
uns 954 euros), mentres que en Europa deberemos agardar ao primeiro trimestre
de 2016 para velo nas tendas.
Toshiba ten claro que non ten nas mans un competidor da Surface Pro, e así
equipa o dynaPad cun procesador Atom a 1,44 GHz e 4 GB de RAM, polo que
pareceríase máis á Surface 3, pero presentando un maior tamaño. Pero os 569
gramos de peso e os 6,9 milímetros de grosor da súa tableta son factores moi
atractivos, mantendo tamén unha grande portabilidade ao incorporarlle a súa
base-teclado (engordaría até os 14,9 milímetros e 996 gramos, o que segue a
estar moi lonxe dun portátil ordinario).
- O dynaPad pode funcionar a xeito de tableta ou de portátil