Toshiba anuncia as súas unidades SSD de 512 Gb
xoves, 18 de decembro do 2008
A aparición dos primeiros
ultraportátiles de baixo custo daba a entender que 2008 podería ser o ano no
que os discos baseados en memoria estado sólido (SSD) substituísen aos discos
duros tradicionais, pero segundo pasaron os meses se foi vendo como estas
unidades non cumprían con prometido no tocante a rendemento (e a súa capacidade
era moi reducida) o que levou a case todos os fabricantes a retomar o disco
duro nas súas configuracións por defecto, pero iso non quere dicir que as
unidades SSD non vaian ter un grande futuro, senón que a súa tecnoloxía
procurou dominar o mercado cando aínda non estaba madura, e Toshiba continúa a
avanzar nesta liña de produtos, de xeito que é o
primeiro fabricante en chegar aos 512 Gb de capacidade nunha unidade SSD de 2,5
polgadas, que virá acompañada por discos
de 64, 128 e 256 Gb tanto en 1,8 coma en 2,5 polgadas, que se
poderán ver no primeiro trimestre de 2009 (comezando a súa produción masiva no
segundo trimestre do vindeiro ano).
Estas novas unidades permiten un inicio dos equipos informáticos moito máis
rápido que con discos duros tradicionais, teñen un mellor rendemento e carecen
de ruído mecánico. Concretamente son
capaces de realizar lectura secuenciais a velocidades de ata 240 Mbytes/seg. e escribir
ata a 200 Mbytes/seg., e incluso contarán con encriptación AES para previr os
accesos non autorizados aos datos almacenados nos mesmos.