Toshiba anuncia as tarxetas SDXC e SDHC de máis velocidade do mercado

martes, 4 de agosto do 2009 Marcus Fernández

Toshiba anunciou o lanzamento da primeira tarxeta de memoria SDXC de 64 Gb cunha velocidade de transferencia que cumpre co novo estándar de memorias SD 3.0 (UHS104), á vez que tamén anuncia tarxetas SDHC de 32 e 16 Gb que tamén cumpren co novo estándar, de xeito que serían as primeiras tarxetas do mercado en facer tal, aínda que haberá que agardar a novembro para que cheguen a fábrica as novas tarxetas SDXC e a decembro para as SDHC, de xeito que na vindeira primavera estarían dispoñibles no mercado.
Estas novas tarxetas SD teñen unha velocidade de lectura de 60 Mb/seg. e de escritura de 35 Mb/seg., polo que serían ideais para usos que precisen dunha alta velocidade constante, como na gravación e reprodución de vídeo en alta definición.

PUBLICIDADE