Toshiba anuncia novos discos duros externos de 1,8 polgadas

xoves, 24 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Toshiba anunciou o lanzamento dunha nova familia de discos duros externos, os gli HD, que nun formato de 1,8 polgadas e capacidade de 60, 80 e 120 Gb permitirán o transporte dos nosos datos nun tamaño reducido e cun elegante deseño externo, pois estes discos contan con carcasas decoradas en 3 cores distintas.
Estímase que a versión de 120 Gb custará uns 100 dólares, polo que aparte dunha estética atractiva, parece que o seu prezo tamén será moi axustado.

PUBLICIDADE