Toshiba anuncia un novo portátil ideal para xogar

mércores, 7 de marzo do 2012 Marcus Fernández

Para os usuarios máis esixentes que queiran correr os últimos videoxogos no seu ordenador portátil Toshiba prepara o seu equipo Qosmio X870, que contará cos últimos procesadores de Intel, unha gráfica nVIDIA de 3Gbytes, pantalla 3D Full HD de 17,3 polgadas (compatible coa tecnoloxía nVIDIA 3D Vision) cun tempo de resposta de 5 milisegundos, ata 2 Tb de disco duro (ou opción híbrida SSD), saída HDMI, 4 portos USB 3.0, Gigabit Ethernet, Bluetooth 4.0 e altofalantes Harmon Kardon.
Para completar este impresionante equipo con teclado retroiluminado, panel multi-táctil e webcam de alta definición con recoñecemento facial, podemos elixir entre dotalo cunha gravadora de DVD ou cun lector de Blu-ray.

PUBLICIDADE