Toshiba anuncia un portátil con pantalla 3D sen lentes e por zonas
mércores, 20 de abril do 2011
Toshiba presentou
hoxe o seu ordenador
portátil Dynabook Qosmio T851/D8CR, que aseguran que é o primeiro ordenador
portátil que permite mesturar na pantalla imaxes 2D con imaxes 3D sen lentes,
e que sairá ao mercado nipón a finais de xullo a uns 230.000 iens (1.918,2
euros).
O equipo ten unha tecnoloxía 3D sen lentes semellante á da Nintendo 3DS, pero
destacando por poder aplicala só a zonas das súa pantalla, de xeito que é
posible visualizar xogos en 3D nunha fiestra mentres o resto do sistema presenta
unha imaxe en 2D. A visualización en 3D non se limita a material
estereoscópico. senón que tamén conta coa tecnoloxía multi-núcleo Cell
Broadband Engine, que facilita a conversión de imaxes 2D en 3D.
O Toshiba Dynabook Qosmio T851/D8CR ten
unha pantalla de 15,6 polgadas cunha resolución de 1.920 x 1.080 píxeles en 2D e
1.366 x 768 píxeles en 3D, procesador Intel Core i5-2410M a 2,3 GHz, 8 Gb
de RAM, 750 Gb de disco duro, chipset Intel HM65, unidade compatible con discos
Blu-ray de ata 128 Gb, sintonizador de televisión dixital, webcam de 1
Mpíxeles, 1 porto USB 3.0, 3 portos USB 2.0, 1 saída HDMI, Wi-Fi N, Bluetooth
3.0 e sistema operativo Windows 7 Home Premium de 64 bits.
- A pantalla do novo portátil de Toshiba pode representar imaxes en 3D en segmentos da súa superficie