Toshiba pon á venda o tablet de 10,1 polgadas máis delgado e lixeiro do mercado

mércores, 29 de febreiro do 2012 Marcus Fernández

Toshiba anuncia que o seu tablet Excite 10 LE, que presume de ser o dispositivo deste tipo máis delgado (con só 7,7 milímetros de grosor) e lixeiro (535 gramos) do mercado, chegará ao mercado norteamericano o vindeiro martes a prezos de 529,99 e 599,99 dólares para as súas versións con 16 e 32 Gb de almacenamento interno respectivamente.
Este dispositivo co sistema operativo Android (3.2 actualizable a 4.0 antes do verán) conta cunha pantalla de 10,1 polgadas resistente a rabuñaduras e cunha resolución de 1.280 x 800 píxeles, procesador Texas Instrument OMAP 4430 multinúcleo a 1,2 GHz, 1 Gb de RAM, 16/32 Gb de almacenamento ampliable mediante tarxeats microSD, cámaras de 5 e 2 Mpíxeles, conexións micro USB e micro HDMI, Wi-Fi N, Bluetooth 2.1, GPS, compás dixital, altofalantes estéreo e batería de 25 W/h que permítelle operar durante ata 8 horas.

JPEG - 82.2 KB
O tablet actualizarase a Android 4.0 antes do verán

PUBLICIDADE