Toshiba presenta un tablet con Android 3.2 e só 7,7 milímetros de grosor

xoves, 1 de setembro do 2011 Marcus Fernández

No último trimestre do ano Toshiba vai comercializar en Europa o seu novo tablet Toshiba AT200, que conta cunha pantalla de 10,1 polgadas cunha resolución de 1.280 x 800 píxeles, procesador de dobre núcleo OMAP 4430 a 1,2 GHz, 1 Gb de RAM, 64 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSD, micro USB, cámaras de 5 e 2 Mpíxeles, saída micro HDMI, Wi-Fi, Bluetooth, altofalantes estéreo (prometendo unha calidade fóra do habitual neste tipo de dispositivos móbiles), batería cunha autonomía de 8 horas (reproducindo vídeo), sistema operativo Android 3.2, 558 gramos de peso e un grosor de 7,7 milímetros, de xeito que sería o dispositivo deste tipo máis delgado o mercado.
Deste xeito Toshiba consegue non só ter un dos tablets de grande potencia máis lixeiros e delgados do mercado, senón tamén dos máis completos, por contar con soporte de Adobe Flash Player, acceso ao Android Market, capacidade para reproducir vídeo en alta definición e saída de vídeo para poder conectalo a un televisor. Unha combinación de potencia e elegancia que pode converterse nun referente nos tablets Android de alta gama.

O Toshiba AT200 combina un bo deseño cunha grande potencia e versatilidade

PUBLICIDADE