Transformers: La Caída de Cybertron estrea demo para PS3 e Xbox 360

martes, 31 de xullo do 2012 Marcus Fernández

O vindeiro 24 de agosto chegará ás tendas en versións para Xbox 360, PlayStation 3 e PC o xogo Transformers: La Caída de Cybertron, xogo que transpórtanos aos derradeiros días do planeta orixinario dos Transformers (Cybertron) onde está a ter lugar unha guerra entre Autobots e Decepticons, pero os máis impacientes poderán probar dende hoxe mesmo o que ofrecerá este título de High Moon Studios, pois vén de estrear demo para Xbox 360 e PlayStation 3.
A demostración inclúe unha misión do modo historia onde tomamos o papel de Bumblebee (un Autobot) nunha misión de defensa e de Vortex (un Decepticon); tamén permite acceder aos modos multixogador Team Deathmatch e Conquista. Con estas posibilidades poderemos facernos unha moi boa idea do que será o xogo que continúa as aventuras de Transformers: La Guerra por Cybertron.

O xogo chegará ás tendas o 24 de agosto, retomando aos Transformers clásicos (en vez de optar pola súa versión cinematográfica)
Na demo podemos probar unha misión defensiva con Bumblebee
Tamén teremos a opción de encargar a un Decepticon nesta nova demo


Trailer do xogo

PUBLICIDADE