Tras 20 meses de traballo Maldita Castilla verá a luz o 12 de decembro

luns, 19 de novembro do 2012 Marcus Fernández

O xogo está claramente inspirado en Ghost’n Goblins

Os nostálxicos de xogos como Ghost’n Goblins, que a finais dos anos 80 trunfaban en salóns recreativos de todo o mundo, terán o vindeiro 12 de decembro un novo xogo de cuño español para PC que ten moitas bazas para gañar o seu corazón, Maldita Castilla, que homenaxea ao xogo de Capcom substituíndo ao lendario Arthur por Don Ramiro, personaxe inspirado no Cid Campeador, que terá que percorrer as condenadas terras de Tolomera para expulsar o mal que invadiu o Reino de Castela.

En Maldita Castilla haberá que derrotar a 14 xefes finais

Estamos ante un xogo de acción lineal, con 6 niveis, 14 xefes finais, máis de 40 inimigos, 4 finais diferentes e uns 50 minutos de xogo, nos que aparecen escenarios, personaxes e criaturas baseadas en mitos medievais españois e do resto de Europa, destacando tamén a inspiración no libro El Amadís de Gaula para introducir a historia. A homenaxe a videoxogos clásicos dos anos 80 é tal que incluso conta con son de máquina recreativa real (pois emula ao chip Yamaha YM2203 que tiñan moitas das mesmas), sendo tamén moi recoñecibles as inspiracións en títulos como Tiger Road, Black Tiger, Shinobi, Rygar, Karnov e moitos outros títulos da época.


Trailer de Maldita Castilla

PUBLICIDADE