Tuenti estrea aplicación para PS Vita
luns, 29 de xullo do 2013
A plataforma social Tuenti continúa a avanzar no seu
itinerario para que sexa percibida como unha canle de comunicación máis que
unha rede social, e dentro desta estratexia veñen de estrear Tuenti
para PlayStation Vita, aplicación que facilitará
que os usuarios da última consola portátil de Sony poidan chatear cos seus amigos,
ver o calendario de aniversarios e eventos, visitar páxinas en Tuenti, ver o
seu feed e as fotografÃas dos seus
amigos e intercambiar mensaxes privadas, sempre cunhas comunicacións privadas,
seguras e de balde.
Tras instalar a aplicación na PS Vita aparecerá un acceso directo á versión
móbil de Tuenti dende o menú principal da consola, facilitando o acceso a tal
plataforma de comunicación cando deixemos en pausa unha partida na portátil de
Sony.
- Dende o menú da PS Vita pode accederse rapidamente a Tuenti