.Tuenti permite facer uso das súas liñas sen a tarxeta SIM

luns, 5 de outubro do 2015 Marcus Fernández

O operador móbil virtual de Movistar, .Tuenti, continúa a revolucionar o negocio das telecomunicacións móbiles con interesantes novidades como o feito de que os seus números telefónicos están totalmente na nube, o que facilitan que un usuario no estranxeiro ou en España sen cobertura GSM e sen a necesidade de ter a súa tarxeta SIM física poida empregar a súa liña móbil con só ter a man un dispositivo coa aplicación de Tuenti (para Android) conectado á Internet (nos vindeiros días actualizarase a aplicación para iOS para poder gozar do novo servizo).
Esta nova funcionalidade está a abrirse paulatinamente a todos os clientes do operador, e incluso está dispoñible a través da versión web de .Tuenti, o que pode considerarse como un importante servizo de valor engadido sen custo adicional, que animará a certo perfil de usuario (usuarios con mala cobertura móbil no fogar ou para quen viaxe moito ao estranxeiro) a apostar por esta compañía. Un detalle que fai moi interesante esta funcionalidade é para poder gozar de dos números de teléfono nun mesmo smartphone sen ter que contar cun terminal que acepte dobre SIM, xa que a SIM de .Tuenti non será precisa para poder realizar e recibir chamadas sempre que o smartphone estea conectado á Rede.

PUBLICIDADE