TuffTouch, o monitor LCD a proba de golpes

luns, 14 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Stealth Computer Corporation presentou un novo monitor, o TuffTouch, de 17 polgadas, cunha relación de contraste de 500:1, unha resolución de 1.280 x 1.024 píxeles e baixo consumo de enerxía que destaca por estar acondicionado para condicións agresivas.
O TuffTouch conta cunha carcasa dunha aliaxe de aluminio que lle permite soportar golpes e caídas. Véndese a 1.495 dólares (1.003,36 euros) na súa versión básica e a 1.895 dólares (1.271,81 euros) na súa versión con pantalla táctil. Amais, o fabricante permite integrar na súa mesma carcasa o seu ordenador en miniatura Little PC, de xeito que se converte nunha boa solución para contornos industriais ou mesmo para equipos de uso público.

PUBLICIDADE