Twelve South lanza unha elegante funda vintage para o iPad Pro
venres, 20 de maio do 2016
Nos últimos anos dimos conta en varias ocasións das fundas
BookBook para dispositivos móbiles de Apple, como o iPhone 4
ou o iPhone 5,
que dábanlle aos smartphones a aparencia de libros de peto, o que permite
empregar a funda do móbil a xeito de billeteiro, dálle ao teléfono un aire retro e tamén protexe o dispositivo
móbil (tanto de golpes como de miradas alleas)e agora atrévense a levar un
concepto semellante ao iPad Pro, de xeito que xa podemos facernos por 99
dólares cunha funda
BookBook para a tableta de 12,9 polgadas de Apple.
Esta nova funda dálle ao iPad Pro a aparencia dun caderno de debuxo vintage, que tamén lembra ás cubertas
dun libro antigo, permitindo asà que a tableta teña unha aparencia discreta e
unha boa protección durante o seu transporte, mentres que no escritorio tamén
facilita o seu uso en distintas posicións, destacando por solucionar unha das
grandes eivas do iPad Pro: conta cun espazo para gardar o Apple Pencil.
Este elegante accesorio de Twelve South ten un par de defectos, como é o seu
peso (510 gramos) e o seu prezo (99 dólares), pero tendo en conta o tipo de
produto ao que está dirixido non deberÃan de ser un problema.
- Durante o transporte a funda dálle ao iPad Pro a aparencia dun libro
VÃdeo promocional da funda BookBook para o iPad Pro