Twitter está a probar a posibilidade de compartir chíos só cos amigos

martes, 25 de xaneiro do 2022 Marcus Fernández

Ao igual que Instagram permite compartir historias só cos mellores amigos, agora Twitter está a probar Flock, unha opción que permite compartir chíos con até un máximo de 150 amigos de confianza, de xeito que limítase a visibilidade de certas publicacións e tamén remítese unha notificación aos amigos cada vez que se comparte un contido directamente con eles, polo que estariamos ante unha funcionalidade bastante concreta e diferente opción de compartir só con amigos que teñen plataformas como Facebook.
Esta función podemos considerala como unha versión das Comunidades, que limitan a visibilidade dos chíos a grupos de usuarios ao redor dunha temática ou interese concreto e, posiblemente para evitar a solicitude de comunidades persoais, chegarían estes grupos de amigos, para facilitar o uso de Twitter como unha ferramenta de comunicación de proximidade.

PUBLICIDADE