Twitter trae os seus Momentos a España

martes, 31 de xaneiro do 2017 Marcus Fernández

Para facilitar o acceso a contidos seleccionados ao redor dos acontecementos máis relevantes e os temas máis interesantes do día Twitter estrea hoxe en España os seus Momentos, un formato de escolma de chíos optimizado para dispositivos móbiles que facilita o seguimento de eventos en vivo, a exploración de novas ou incluso a información deportiva.
Aínda que os Momentos levan dispoñibles bastante tempo, polo de agora só podiamos viamos os que creasen a xente á que seguimos, pero coa estrea oficial en España temos que dende Twitter promoven moitas desas escolmas de contidos, de xeito que agora faise doada a localización das seleccións de chíos grazas ao traballo dun equipo que os peneira. Aparte dos Momentos que poidan xerar os usuarios particulares, dende Twitter tamén destacarán as seleccións de chíos de medios de comunicación (El País, El Mundo, Antena 3 Noticias, La Sexta TV Noticias...), revistas, produtoras musicais, canles televisivas, equipos de fútbol, emisoras de radio... confiando en que o número de socios de Twitter para a creación deste tipo de contidos vaia medrando ao longo do tempo.
A partires de hoxe, se tempo a aplicación móbil de Twitter configurada en español, poderemos acceder aos Momentos dende a pestana de Explorar en iOS ou dende a de Momentos en Android (identificada coa icona dun lóstrego). A categoría de Momentos tamén sairá na versión web de Twitter se empregamos a ferramenta en español (polo momento en galego non veremos esa categoría).

PUBLICIDADE