Typo comercializa teclados para iPad
luns, 29 de xuño do 2015
Typo, a compañÃa creada pola celebridade Ryan Seacrest xunto
a Laurence Hallier e Jonathan Goodrich, que conseguiu certa relevancia ao
intentar comercializar un accesorio
para iPhone que engadÃa ao smartphone de Apple un teclado no máis puro estilo
dos de BlackBerry (atopando a
oposición de BlackBerry para a súa comercialización), decidiu continuar o
seu negocio orientándose ás tabletas da compañÃa da mazá, polo que xa teñen á
venda o seu novo
Typo iPad Air/Air2 Keyboard, unha funda-teclado para os iPad Air que está á
venda por 189 dólares (170,32 euros) e que en breve contará con versión
para iPad mini 1, 2 e 3.
Por fortuna, desta volta non tiveron oposición para a comercialización do
produto, e curiosamente conseguiron destacar dentro dun tipo de produto no que
xa hai moitos competidores actualmente, grazas á construción dun teclado de
elevadÃsima calidade, que se comunica co iPad por Bluetooth e que consegue unha
experiencia de uso moi semellante á dun teclado dun ordenador portátil, á vez
que tamén protexe ao iPad durante o seu transporte, de xeito que a súa principal
eiva non serÃa outra que o seu elevado prezo.
O teclado conta cunha bisagra magnética que engánchase ao iPad como outras
fundas para a tableta de Apple, a súa baterÃa interna recárgase mediante USB e
poderiamos comparalo claramente coas fundas-teclado do Surface Pro 3, coa
grande diferenza de que, ao ser o iPad Air unha tableta máis cativa que a de
Microsoft, non podemos gozar dun teclado completo, pero estariamos ante a
mellor aproximación posible coas inevitables limitacións fÃsicas. Precisamente
ao establecer comparacións coas fundas con teclado para as tabletas de
Microsoft é cando podemos entender o elevado prezo deste tipo de accesorios, xa
que as mesmas teñen un prezo oficial de 149,90 euros (aÃnda que inclúe
touchpad, polo que serÃan máis baratas e completas que as de Typo), pero ao non
estarmos ante un produto oficial pode entenderse a diferenza de prezo, que
pagarán gustosos só os usuarios que queiran facer un uso bastante intenso do
iPad Air para labores de produtividade.
VÃdeo promocional dos novos teclados para iPad de Typo