UCGAL organiza unha xornada sobre a nova lexislación europea relativa a mercados e servizos dixitais
venres, 17 de novembro do 2023
O salón de plenos
do Consello Económico e Social acollerá
o vindeiro mércores ás 11.00 unha
xornada técnica organizada en colaboración entre a Unión de Consumidores de
Galicia, a Asociación de Internautas e ADECES na que destacados xuristas
especializados no sector tecnolóxico abordarán as novidades que supón a nova
Lei de Mercados Dixitais (DMA) e as vantaxes que vai supoñer aos consumidores
europeos, a través do fomento da competencia no mercado das plataformas dixitais
por medio da liberdade na configuración de aplicacións en dispositivos e
servizos, ou a prohibición de levar a cabo rastrexo de datos non consentidos.
Do mesmo xeito
abordarán unha análise da Lei de Servizos Dixitais (DSA), en especial do réxime
de obrigacións que se impoñen a plataformas e prestadores de servizos dixitais
para poder operar e poñer no mercado os seus produtos.
Na xornada
participarán relatoras de primeiro nivel como, a avogada, xurista e profesora
Ofelia Tejerina (presidenta da Asociación de Internautas) que abordará o debate
sobre a contribución das grandes plataformas ao financiamento das
infraestruturas nas que basean os seus servizos e á cales nada achegan; VÃctor
Salgado (avogado especialista en TIC) quen abordará os principais cambios na
regulación da rede que a DSA e a DMA traen consigo; Carmen Rodriguez (presidenta
de ADECES) quen analizará o impacto na cidadanÃa de ambas as leis; e MarÃa
Maciñeiras (avogada e directiva da UCGAL) que falará do reforzo dos dereitos
dos usuarios que introducen ambas as leis.
A xornada será
moderada por Miguel Vieito Villar, avogado especialista en saúde, ética e novas
tecnoloxÃas, colaborador habitual de Unión de Consumidores de Galicia. A
asistencia, presencial e por streaming, é libre e de balde, sendo precisa a inscrición previa vÃa web.
PROGRAMA DA XORNADA
11:00 -
Inauguración e benvida por parte do condutor da xornada, Miguel Vieito Villar.
11:10 - A Lei de Servizos dixitais e os dereitos dos cidadáns europeos -
Carmen Rodriguez, presidenta Asociación pro Dereitos CivÃs, Económicos e
Sociais (ADECES).
11:30 - O reforzo na DSA dos dereitos dos usuarios - Maria Devesa
Maciñeiras, avogada e directiva de UCGAL.
11:50 - Preguntas
12:00 - O novo paradigma da DSA e a DMA na regulación da Rede: cambios
principais - VÃctor Salgado SeguÃn, avogado
TIC e cofundador do Bufete Pintos & Salgado.
12:20 - O financiamento das redes para a adaptación aos novos servizos
dixitais - Ofelia Tejerina RodrÃguez, presidenta da Asociación Internautas.
12:40 - Preguntas
12:50 - Conclusións da Xornada.