UFC 2009 Undisputed e Red Faction: Guerrilla estrean demo

xoves, 23 de abril do 2009 Marcus Fernández

O UFC 2009 Undisputed conta cuns gráficos moi realistas

Os usuarios da Xbox 360 veñen de ter unha tarde quentiña, pois o Bazar de Xbox LIVE incorporou en primicia para usuario Gold as versións de demostración dos xogo UFC 2009 Undisputed e Red Faction: Guerrilla.
O primeiro dos mesmo é un explosivo xogo de loita que reproduce a Campionato de Loita Definitiva (ou Ultimate Fighting), no que expertos en artes marciais mixtas do mundo enfróntanse no Octagon con moita violencia e realismo. Na demostración inclúense os loitadores controlables de Chuck The Iceman Liddell e Mauricio Shogun Rua.
O Red Faction: Guerrilla, pola súa banda, é un xogo máis tradicional, que sitúa ao protagonista, Alec Mason, no chan marciano en busca de vetas de mineral, o que remata nunha loita pola supervivencia xa que se ve envolto nun enfrontamento entre a Earth Defence Force e a Red Faction, tomando parte polo segundo grupo, un movemento de resistencia clandestina que emprega tácticas de guerrilla e demolicións estratéxicas na batalla por Marte.
Estas demos adiántanse bastantes semanas aos lanzamentos dos seus xogos completos, que chegarán o 22 de maio e o 12 de xuño respectivamente, dando tempo máis que suficiente para facerse unha idea de se paga a pena a súa adquisición.

A acción de Red Faction: Guerrilla transcorre en Marte

PUBLICIDADE