Ubisoft non confían no desenvolvemento de xogos para PSP

luns, 9 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Nunha entrevista publicada en GamesIndustry, Rob Cooper de Ubisoft declarou que non teñen previsto estrear ningún xogo para PSP este ano xa que considera que Sony non sabe qué vai facer coa súa consola portátil, asegurando que «Sony precisa amosarnos os plans de futuro que ten para a súa consola e intentar convencernos para que invistamos nela. Especialmente cando tes a Nintendo DS venden dun xeito tan tremendo».
Cooper considera que a PSP é unha consola portátil de grande calidade, pero que non soubo achegarse ao público, o que fai que xa non conten coa PSP na súa lista de produción, e aposten pola DS, que xa se considera a consola portátil gañadora dende hai tempo.

ACTUALIZACIÓN: Ubisoft vén de desautorizar as declaracións de Rob Cooper, e a compañía asegura que está a desenvolver varios xogos para PSP.

PUBLICIDADE