Ultimate Band para Nintendo DS e Wii non precisará de instrumentos

mércores, 19 de novembro do 2008 Marcus Fernández

JPEG - 189.8 KB

Mentres moitos dos xogos musicais que hai no mercado tenden a apoiarse en periféricos coma guitarras, micrófonos ou baterías, o Disney Interactive Studio decidiu optar por permitir no seu Ultimate Band todos estes instrumentos, pero sen precisar fisicamente dos mesmos, o que supón un importante aforro económico, aínda que coma contrapunto o xogo resulta máis doado, o que podería resultar óptimo para certo público ocasional.
Ultimate Band chegará para as consolas doméstica e portátil de Nintendo, permitindo en ambas plataformas a personalización dos personaxes que empregamos no xogo, aínda que contan cun repertorio musical diferente e sorprendentemente e a versión para Nintendo DS a única que incorpora a función de creación e interpretación de temas de creación propia.

JPEG - 199.1 KB

O xogo procurará pórse á venda para a tempada de Nadal e a listaxe de temas musicais que o conforman na súa versión para Wii é a seguinte:
· Girls Not Grey
· Complicated
· Hanging on the Telephone
· Song 2
· I Want You To Want Me
· All Right Now
· Anna Molly
· Club Foot
· Won’’t Go Home Without You
· Dashboard
· Helena
· Get the Party Started
· Crushcrushcrush
· Just
· Stumble and Fall
· When Did Your Heart Go Missing?
· In Too Deep
· Unconditional
· Somebody Told Me
· Always Where I Need to Be
· Debaser
· Fell in Love With a Girl
· Break on Through
· Beverly Hills
· Move Along
· Rock Lobster
· First Date
· Whip It
· Take Over the Break is Over
· Hold On
· Our Time Now
· Just What I Needed
· All Day and All of the Night
· Steady As She Goes
· My Generation
Na Nintendo DS as cancións dispoñibles serían:
· Move Along
· Rock Lobster
· First Date
· Whip It
· Take Over the Break is Over
· Hold On
· Our Time Now
· Just What I Needed
· All Day and All of the Night
· Steady As She Goes
· My Generation
· All Star
· Call Me
· Jenny Was a Friend of Mine
· 9 in the Afternoon

PUBLICIDADE