Ultra Street Fighter IV incluirá interesantes novidades

luns, 3 de marzo do 2014 Marcus Fernández

O pasado verán Capcom anunciou que non ía deixar de continuar a explotar a series de xogos de Street Fighter IV (SFIV), de xeito que este ano teriamos en PC, Xbox 360 e PS3 o novo Ultra Street Fighter IV, que incluiría como novidade aos loitadores Poison, Hugo, Elena, Rolento e a un equipo loitador aínda non desvelado, completando un cadro de 44 personaxes, e que chegará como actualización descargable dos anteriores Street Fighter IV por 14,99 euros, podendo adquirirse tamén de xeito independente en soporte físico e dixital por 39,99 euros.

A nova entrega da saga permitiranos descubrir cal é o mellor loitador de todos os Street Fighter IV

Agora imos sabendo máis detalles sobre esta nova entrega da saga producida por Yoshinori Ono, como que chegará para consolas no mes de xuño e para PC en agosto, e que incluirá unha nova opción chamada Edition Select, que non só nos permitirá elixir aos nosos xogadores favoritos, senón que tamén podemos seleccionar entre a súa versión entre as distintas entregas do xogo (o SFIV orixinal, Super SFIV, Super SFIV AE, Super SFIV AE versión 2012 e Ultra SFIV) que teñen pequenas diferencias, pero facilitarán combates únicos ata o momento, permitindo descubrir cal sería o mellor loitador de toda esta xeración da saga.


Trailer de presentación de Ultra Street Fighter IV Select Edition

PUBLICIDADE