Un accesorio converterá o iPhone nun mando a distancia universal

xoves, 4 de marzo do 2010 Marcus Fernández

Coa vista posta na futura versión do firmware do iPhone que habilitará o uso de periféricos externos de xeito oficial, ThinkFlood presenta RedEye Mini, un accesorio que permite converter os iPhone e iPod Touch nun mando a distancia universal para controlar os dispositivos do noso fogar que manexables a través de infravermellos.
Dado que o iPhone non conta con emisor de infravermellos, o RedEye Mini sería unha especie de antena conectable no porto de auriculares dos terminais de Apple, e faríase uso deste accesorio a través dunha aplicación que facilita o control de televisores, reprodutores de DVD, receptores de TDT e toda clase de dispositivo con mando a distancia.
O seu fabricante asegura que chegará ao mercado na primavera a un prezo de 49 dólares, acadando presenza en 47 países entre os que está España (aínda que o prezo europeo do trebello aínda non foi anunciado).

PUBLICIDADE