Un accesorio facilita medir a corrente que achegan conectores USB-C
luns, 30 de xaneiro do 2017
AÃnda
que a aparición dos conectores USB-C supuxo a fin dun importante problema á
hora de conectar dispositivos (por ser un conector reversible) tamén supuxo un
serio problema de seguridade e calidade, xa que en certos equipos pode
aproveitarse a conexión incluso para alimentar un ordenador portátil ou un
monitor, de xeito que a intensidade da corrente que circula polo cable pode ser
moi elevada, e unha incorrecta fabricación do terminador ou un cable de
reducida calidade pode ter consecuencias que van dende un rendemento peor do
esperado até o a inutilización dun equipo, de aà que resulta interesante o Satechi
Type-C Power Meter, un medidor do fluxo eléctrico a través de conexións
USB-C.
AÃnda que non estamos ante un accesorio que supoña unha protección real contra
sobrecargas, moitos usuarios considerarán interesante o uso deste trebello para
medir se o seu portátil ou smartphone cun conector USB-C recibe a corrente
axeitada cun cable determinado, podendo asà medir os distintos cables
dispoñibles e asà empregar o máis óptico. Temos asà un dispositivo que axuda a
desbotar as marcas pouco fiables, conseguindo información do estado de carga en
tempo real, soportando voltaxes de entre 4 e 20 voltios e podendo ler até 65
watts.