Un accesorio fai máis cómoda a gravación de vídeo con cámaras fotográficas de Sony

martes, 14 de xaneiro do 2020 Marcus Fernández

Sony vai pór á venda en breve un accesorio para facilitar a gravación de vídeo con moitas da súas cámaras, que nos EE.UU. terá un prezo de 139,99 dólares, e que consiste nun agarre para a gravación que conta tamén con funcións de mando a distancia sen fíos.
O GP-VPT2BT é un bo accesorio para as cámaras Sony Alpha α9 II, α9, α7R IV, α7R III, α7 III, α6600, α6400, α6100 and RX100 VII e RX0 II, que fai cómodo o seu agarre durante a gravación de vídeo. Permite cambios de dirección rápidos e sinxelos, conta con función de inclinación flexible, é resistente ao po e á humidade, comunícase por Bluetooth e tamén pode aproveitarse como trípode. Un produto moi flexible, que só pesa 215 gramos e que pode soportar até 1,5 quilos de peso.
Aínda que este soporte de agarre para cámaras non é tan completo como un estabilizador tipo gimbal, é dabondo para a meirande de usuarios que queren realizar tomas estables nas súas viaxes.

O accesorio pode funcionar a xeito de trípode

Vídeo promocional do novo accesorio de Sony

PUBLICIDADE