Un accesorio leva o karaoke ao iPad
venres, 23 de marzo do 2012
Os
posuidores dun iPad 2 ou novo iPad que queiran practicar o karaoke na
tranquilidade do seu fogar ou mesmo en mobilidade poden adquirir un deses
accesorios que só poden chegar dende o Xapón: o Karaoke
Anywhere for iPad 2. Trátase dun soporte para colocar o iPad (axustable
nunha inclinación de ata 75 graos) que opera como un altofalante de 10 W ao que
poden conectarse 2 micrófonos incluÃdos. Tamén incorpora reguladores frontais
de volume e eco.
O
seu prezo no Xapón é de 9.800 iens (89,68 euros), mentres que en tendas en
liña internacionais o
seu prezo sube ata os 135 euros.
VÃdeo promocional do Karaoke Anywhere for iPad 2