Un accesorio libra de cables ao casco de HTC Vive
venres, 11 de novembro do 2016
Existe unanimidade en que un dos principais atrancos das
solucións actuais de realidade virtual para PC son os cables, especialmente no
caso de HTC Vive, xa que estamos ante unha tecnoloxÃa que permite certa
liberdade de movemento, e para solucionalo veñen de sorprender en China cun accesorio oficial desenvolvido
por unha compañÃa chamada TPCAST, que poderÃa conectarse ao casco de Vive
para poder gozar da realidade virtual sen unha diferencia perceptible fronte a
realidade virtual por cable, o que permite unha experiencia moito máis
satisfactoria.
Polo momento o TPCAST VIVE ten unha baterÃa que só dura hora e media, aÃnda que
prevén vender baterÃas de maior capacidade no futuro, aÃnda que por desgraza o
produto ten un prezo bastante elevado (1.499 iuans, ou sexa, 202,36 euros ao
cambio) o que non foi atranco para que as reservas en liña do accesorio se esgotasen en 18 minutos,
xa que non son poucos os que queren poder ofrecer solucións de realidade
virtual sen cables.
VÃdeo no que podemos ver unha demostración do TPCAST VIVE