Un accesorio pretende converter o noso smartphone nun ordenador portátil
martes, 12 de xullo do 2016
Nos
vindeiros dÃas chegará a Kickstarter a un prezo de 99 dólares un produto
moi rechamante, o Superbook, que ten a aparencia
externa dun ordenador portátil, pero que realmente funciona como unha interface
de entrada/saÃda para o noso smartphone con Android, facilitando asà que
podamos gozar dos contidos e aplicacións do noso teléfono como se fose un
ordenador portátil, evitando asà que teñamos que estar a sincronizar os nosos
contidos entre varios dispositivos e propóndose como unha curiosa alternativa
do Continuum de Microsoft.
Para poder tirar proveito do Superbook temos que instalar no noso teléfono a aplicación
Andromium OS, actualmente en probas, e que precisa para funcionar, aparte
do Superbook, dun smartphone con Android 5.0 ou superior, recomendándose que
como mÃnimo conte cun procesador Qualcomm Snapdragon 800 e 2 GB de RAM.
O Superbook contará cunha pantalla de alta definición (concretamente cunha
resolución de 1.366 x 768 pÃxeles) de 11,6 polgadas, cunha baterÃa que achegará
unha autonomÃa de até 8 horas e que tamén cargará o smartphone durante o seu
uso, que integra trackpad e teclado e que é compatible con millóns de
aplicacións para Android, entre as que non podemos esquecer que están moitas das
empregadas polos usuarios en escritorios tradicionais como o navegador web, o
Microsoft Office, reprodutores multimedia... de xeito que poderÃa ser unha
solución moi práctica para moitos usuarios.
VÃdeo no que amosan o funcionamento do Superbook