Un adaptador dota de conectividade Bluetooth ás impresoras

martes, 10 de outubro do 2006 Marcus Fernández

Facer sitio no escritorio afastando a impresora é xa posible grazas ó adaptador de impresora USBGear Combo, que converte calquera impresora por porto paralelo ou USB nunha impresora accesible mediante Bluetooth, o que permitiría o seu funcionamento ata a 10 metros do ordenador.
O adaptador USBG-0260 véndese a 67,98 dólares e é compatible con equipos tanto Windows como Mac, e resulta especialmente atractivo para o seu uso dende un ordenador portátil (xa que moitos inclúen de serie a conectividade Bluetooth) e permitirían incluso o uso de vellas impresoras que non contan con porto USB (xa que moitos equipos modernos xa non contan con porto de comunicación paralelo) e que así poden comunicarse con modernos equipos de xeito doado.

PUBLICIDADE