Un adaptador facilitará a conexión sen fÃos do PC con Meta Quest 2
venres, 30 de setembro do 2022
O casco de realidade virtual Meta Quest 2 chegou
ao mercado para popularizar a VR sen fÃos á vez que ofrecÃa a posibilidade
de experimentar cunha realidade virtual avanzada conectando o casco
directamente a un PC mediante un cable USB-C, aÃnda que non tardarÃan en
desenvolver unha
solución que permitÃa gozar desta experiencia directamente a través de Wi-Fi,
sempre que teñamos unha boa conexión. Dado que en moitas ocasións non podemos enlazar
axeitadamente o noso ordenador co casco de realidade virtual por problemas como
as distancias dos distintos elementos ou por contarmos cun router de operador anticuado,
dende D-Link decidisen lanzar un adaptador moi atractivo o VR Air Bridge
(modelo DWA-F18), que permite establecer unha conexión Wi-Fi 6 directa
entre o ordenador e Quest 2.
Falamos dun accesorio USB 3.2 que establece unha rede Wi-Fi 6 de baixa latencia
que facilita que poidamos gozar no caso sen fÃos de xogos e experiencias de VR avanzadas,
que poden aproveitar a grande potencia do ordenador para construÃr contornos
virtuais complexos, ou sexa, que achegarÃa o software de Meta Quest Rift dun
xeito moi sinxelo e sen as complicacións propias de utilizar unha rede Wi-Fi
doméstica para tal fin.
Polo momento non anunciaron a data de lanzamento nin o prezo deste produto, que
prevese que chegue ao mercado en breve.
VÃdeo promocional do novo accesorio de D-Link