Un adaptador permitirá usar o visor de PlayStation VR2 en PC
luns, 3 de xuño do 2024
En febreiro dende Sony sorprenderon que estaban a preparar unha solución oficial que permitirÃa empregar o visor de realidade aumentada PlayStation VR2 en PC, que verÃa a luz antes de rematar o presente ano, e finalmente concretan que o vindeiro 7 de agosto porán á venda un adaptador por 59,99 euros, facilitando que os usuarios de PS VR2 poidan tirar un maior proveito do dispositivo e tamén animen a máis compradores a facerse co trebello ao poder darlle usos máis aló da PlayStation 5.
Para poder tirar proveito deste adaptador, aparte de ter un visor PlayStation VR2, tamén temos que contar cun PC que como mÃnimo teña un procesador Intel Core i5-7600 ou AMD Ryzen 3 3100, 8 GB de RAM, gráfica nVIDIA GeForce GTX 1650 ou AMD Radeon RX 5500XT, saÃda DisplayPort 1.4, Bluetooth 4.0 e Windows 10/11 de 64 bits, ou sexa, un ordenador que poderiamos considerar para xogar que teña menos de 7 anos, polo que son uns requisitos mÃnimos bastante básicos.
Para poder tirar proveito da PlayStation VR2 en PC haberÃa que conectalo mediante o novo adaptador, conectado por USB e DisplayPort, instalar as aplicacións de PlayStation VR2 e SteamVR en Steam, e logo configurar o visor en PC personalizando os axustes para gozar sen problema dos tÃtulos de SteamVR (que inclúen tanto xogos como aplicacións).
Cómpre salientar que poder usar as aplicacións de SteamVR nun visor PS VR2 non significa poder aproveitar as prestacións do visor ao 100%, xa que algunhas funcións como o HDR, a retroalimentación do casco, o seguimento de ollos, os gatillos adaptativos e a retroalimentación háptica non estarán dispoñibles en PC xa que están deseñadas especificamente para as experiencias de PS5.
Sobre dicir que non ten sentido adquirir un visor PS VR2 só para gozar do seu uso en PC, xa que para iso existen solucións moito máis económicas (como un visor Meta Quest 2), senón que estamos nunha opción para quen queira aproveitar o visor de PS5 para empregar aplicacións exclusivas de PC VR, asà como de videoxogos como o aclamado Half-Life: Alyx.