Un anel desenvolvido polo MIT permitirá ler texto ás persoas con eivas visuais
martes, 15 de xullo do 2014
Dende o Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT)
desenvolveuse unha solución que permitirá que a persoas cegas ou con serios
problemas de visión poidan ler texto impreso sen ter que empregar braille,
consistente nunha especie de anel impreso en 3D que integra unha pequena cámara
que recoñece as palabras que figuran no papel para despois lelas en voz alta
mentres o usuario segue o texto co dedo.
Este FingerReader
xa está na súa fase de prototipo, e sería unha das solucións máis versátil das
vista ata o momento, por ser moi portátil, funcionando en combinación con
outros dispositivos como ordenadores portátiles ou smartphones, facilitando así
que non só puidese empregarse esta solución para ler libros na casa, senón
tamén para acceder aos contidos dunha tarxetas de visita, consultar a carta dun
restaurante... ler calquera texto que teña un tamaño superior aos 12 puntos.
Amais, o FingerReader achega unha resposta vibratoria para que o usuario non se
desvíe da liña na que está a recoñecer o texto.
Esta solución desenvolveuse durante 3 anos, e espera chegar en breve ao público
como un produto final.
O prototipo de FingerReader visto en vídeo