Un cable non oficial permite conectar por HDMI os últimos portátiles de Apple

luns, 30 de marzo do 2009 Marcus Fernández

A incorporación aos portátiles de Apple dunha saída de vídeo Mini DisplayPort levou consigo certa polémica porque para empregar tal conexión cun televisor de alta definición precisaba da conexión de 2 adaptadores en serie, o que resultaba confuso e molesto, pero aínda que Apple non conte cunha solución oficial a este problema, en tendas coma Amazon xa é posible adquirir un adaptador Mini DisplayPort a HDMI por menos de 20 dólares (o que tamén resulta máis económico que a compra de 2 adaptadores distintos).
Este novo adaptador é totalmente compatible con portátiles MacBook, MacBook Pro e MacBook Air con Mini DisplayPort, e facilita a súa conexión con televisores de alta definición, monitores externos e proxectores de vídeo.

PUBLICIDADE