Un chaveiro con GPS permite xeolocalizar as nosas fotografías

mércores, 26 de decembro do 2007 Marcus Fernández

O Sony GPSCS1KA é un localizador GPS con forma de chaveiro que resultará especialmente atractivo para os amantes á fotografía dixital, xa que permite memorizar as datas e posicións nas que nos atopamos para despois sincronizar tal información coas fotografías que tiremos, para poder así xeolocalizalas en servizos coma Google Maps.
O curioso dispositivo almacena a nosa posición cada 15 segundos durante ata 360 horas e se vende en Amazon por 107,68 dólares (74,64 euros) aínda que é de agardar que pronto se distribúa ás tendas españolas.
A información xeográfica adquirida polo GPSCS1KA incorpórase de xeito permanente ás imaxes capturadas pola nosa cámara dixital, polo que distintas aplicacións que soporten posicionamento por satélite poderán indicar onde se tomaron evitando tal proceso de xeito manual, o que tamén resulta moi atractivo para certos álbums fotográficos en liña que soportan tal característica e que nos permite seguir así as nosas rutas turistico-fotográficas.