Un accesorio dota de control remoto por Wi-Fi ás cámaras GoPro

mércores, 6 de xuño do 2012 Marcus Fernández

As cámaras GoPro están a converterse en todo un estándar para rexistrar en vídeo actividades de tempo libre e deportes de risco, pola súa versatilidade e calidade, prestacións que van mellorar considerablemente grazas a un complemento moi atractivo que consiste en dous elementos: o Wi-Fi BacPac e o mando a distancia Wi-Fi.
O Wi-Fi BacPac dota á cámaras GoPro de conectividade sen fíos, mentres que o mando a distancia Wi-Fi de GoPro pode controlar ata 50 cámaras a unha distancia máxima de 180 metros e é resistente á auga, aínda que para facer aínda que tamén será posible manexar as cámaras a través de smartphones e tablets con iOS ou Android.
Esta última funcionalidade tamén permite que dende os dispositivos móbiles poidamos ver en directo vídeos e fotografías das cámaras GoPro, transmitir os seus contidos para compartilos cos amigos e incluso permitirá a creación de retransmisións en directo a través da Internet, aínda que para todas estas prestacións avanzadas non están dispoñibles de saída, senón que haberá que agardar a unha actualización do software de GoPro.
Este novo paquete de accesorios está xa dispoñible na páxina web de GoPro por 99,99 dólares (79,98 euros) comezando xa a súa distribución polos 80 países nos que GoPro ten presenza (e entre os que está España).
Para demostrar as posibilidades do Wi-Fi BacPac e o mando a distancia Wi-Fi dende GoPro veñen de estrear unha curtametraxe gravada con esta tecnoloxía e na que podemos ver ao patinador Ryan Sheckler amosando a súa destreza polas rúas de New York:

PUBLICIDADE