Un documental explora o rol da muller no sector dos videoxogos

venres, 17 de xullo do 2015 Marcus Fernández

O documental presentouse a semana pasada no Salón de Actos da ENTI

Marina Amores, graduada en Comunicación Audiovisual e colaboradora de distintas páxinas web de videoxogos como Zehngames e Eurogamer, levou a súa inquedanza a pezas audiovisuais como o documental Detrás del juego e, máis recentemente, Mujeres+Videojuegos, sendo esta última unha produción desenvolvida en colaboración coa Escola de Novas Tecnoloxías Interactivas da Universitat de Barcelona, onde presentouse a obra o pasado día 9 e que hoxe mesmo veu a luz na Rede a través de YouTube, facilitando que calquera interesado poida achegarse a un interesante debate: se o público do sector do videoxogo está composto nun 47% por mulleres, por que só o 22% do sector do desenvolvemento e o 10% dos competidores profesionais son mulleres?
No documental escóitase a voz de programadoras, artistas, xornalistas especializados... que comentan a súa introdución nos videoxogos, o rol das mulleres nos mesmos, a situación profesional da industria... ámbitos nos que aínda hai moitos prexuízos, aínda que a autora desta peza audiovisual durante a súa presentación pechou cunha mensaxe de esperanza: “creo que nunha ou dúas xeracións este sector normalizarase. Neste senso temos que ser as primeiras que animemos a outros mozas a introducirse”.


Vídeo co documental íntegro

PUBLICIDADE