Un gadget para Google Desktop opera coma servidor multimedia

luns, 30 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Actualmente existe un amplo abano de dispositivos de reprodución multimedia compatibles con UPnP (incluíndo consolas de videoxogos como a PS3) de xeito que poden acceder a contidos multimedia compartidos dende un servidor, que pode ser un equipo dedicado ou un ordenador cunha aplicación que lle permite tal fin, pero esta última opción promete simplificarse grazas á Google Media Server, un gadget para Google Desktop que nos permite elixir os contidos que queremos compartir (e con que equipo, de xeito que podemos discriminar os clientes que poden acceder aos nosos ficheiros).
Aparte dos datos gardados no noso ordenador, este gadget tamén permite abrir unha porta ás nosas fotografías almacenadas en Picasa ou aos nosos vídeos en YouTube, que podemos trasladalos así do PC ao televisor.
Esta solución fai doado o acceso a fotografías, música e vídeos gardados no noso equipo dende un iPod Touch, un reprodutor multimedia de Archos ou unha PlayStation 3 (por desgraza non funciona con Xbox 360), de xeito que melloramos substancialmente a dispoñiblidade dos nosos contidos dun xeito bastante doado.

PUBLICIDADE