Un mando universal permitiranos controlar a PlayStation 4
mércores, 22 de xullo do 2015
O
fabricante de accesorios para videoxogos PDP vai pór á venda o vindeiro outono
un mando
a distancia universal que conta coa licenza oficial de PlayStation 4, de
xeito que poderemos empregalo para controlar a reprodución multimedia coa
consola de Sony a través de Bluetooth, incorporando no mando tanto o botón de
menú da consola como os botóns básicos de PlayStation (o círculo, o cadrado o
triángulo e o X) pero que tamén pode programarse para controlar 3 dispositivos
máis (como un televisor ou un receptor de TDT ou satélite) simplificando o
control multimedia do salón.
Este mando funciona con dúas baterías AAA que achegarían unha autonomía de
medio ano baixo un uso normal e sería o primeiro mando oficial deste tipo para
PS4 (curiosamente Sony non lanzou este tipo de accesorio pola súa conta), estando
previsto o seu prezo nos EE.UU. a 29,99 dólares.