Un móbil galego con soporte para 2 tarxetas SIM simultáneas
venres, 18 de xaneiro do 2008
A empresa pontevedresa Tynnman Technology está a
colocar no mercado español un móbil que permite o uso de 2 tarxetas SIM que
funcionan simultaneamente o que evita cargar con 2 teléfonos e, segundo os
responsables da compañÃa, se trata
dun tipo de terminal «que non existe en
Europa, agás en Holanda».
O Tynman TMP-1012S
non só ten esa peculiar caracterÃstica, senón que tamén se trata dun móbil dual
bastante completo, cunha pantalla táctil de 2,6 polgadas, cámara de 1,3 MpÃxeles,
reprodución multimedia (con soporte de ficheiros MP3, AMR, ACC, MID, MP4 e
3GP), conectividade USB e Bluetooth dual, lector de memorias microSD (inclúe
unha de 256 Mb), mans libres integrado, SMS, MMS, navegador WAP e distintas
aplicacións moi útiles (gravadora de voz, axenda, conversor de medidas e
moedas...). Amais, pode usarse coma disco USB ou coma webcam.
Inclúe 2 baterÃas de litio de 1.000 mAh recargable tanto por USB como a través
da rede eléctrica, dando unha autonomÃa de 3 horas en conversa e 180 horas en
espera.
Dende o pasado 19 de decembro o novo terminal véndese
nas tendas de Carrefour de toda España a 349 euros asà coma en El Corte
Inglés.