Un novo móbil achega contidos de televisión dixital en só 12,9 mm de grosor

mércores, 29 de novembro do 2006 Marcus Fernández

A incorporación da televisión dixital ós móbiles a través da tecnoloxía DMB parecía limitarse a grandes terminais, máis semellantes ós reprodutores multimedia portátiles que ós teléfonos móbiles actuais, tendencia que racha Samsung co seu SCH-B630, que é un novo móbil que conta cunha cámara de 3 Mpíxeles integrada e recepción de televisión dixital cun grosor de só 12,9 mm, polo que pode confundirse con calquera móbil sen tan elevadas prestacións.
O novo móbil tamén contan con saída de televisión (para poder ver as canles que emiten mediante DMB nun televisor) aínda que esta tecnoloxía só está dispoñible polo momento en Corea do Sur, xa que en Europa procurarán promover o estándar DVB-H para a transmisión de televisión para o móbil.
O Samsung SCH-B630 ten unha pantalla de 2,12 polgadas cunha resolución de 240 x 320 píxeles de resolución (ou sexa, cunhas características semellantes ó dun reprodutor coma o iPod) aínda que queda por ver se o público acollerá de bo grado este tipo de pantallas para a recepción de televisión (mentres que nos fogares cada día se conta con televisores de maior tamaño).

PUBLICIDADE