Un novo rato USB integra un localizador GPS

luns, 8 de outubro do 2007 Marcus Fernández

A converxencia de dispositivos electrónicos non se limita ós móbiles (que están achegando dende cámaras dixitais ata PDA) senón que se pode aplicar a case calquera trebello, coma demostra o Deluo MouseGPS, que integra un receptor GPS nun rato de ordenador por USB, o que permite levar ó novo ordenador portátil a localización xeográfica por satélite.
Este dispositivo é compatible co servizo de rueiros de Microsoft, e xa se vende en tendas coma Amazon a 99,95 dólares (aínda non se vende en Europa), podendo adquirirse tamén con Microsoft Streets & Trips 2008 por 30 dólares adicionais.

PUBLICIDADE