Un pequeno accesorio Bluetooth facilita o xogo en dispositivos móbiles

xoves, 2 de xaneiro do 2014 Marcus Fernández

Para poder gozar de xogos para iOS ou Android mediante controis físicos dun xeito máis preciso de como fariamos con mandos virtuais en pantalla existen numerosos accesorios entre os que resulta especialmente curioso o mando iMpulse, que presume de ser o máis pequeno para dispositivos móbiles ao medir 6,86 x 3,3 x 1,5 centímetros. Este cativo accesorio comunícase cos nosos dispositivos móbiles a través de Bluetooth 2.1, conta cunha cruceta de 4 direccións, 4 botóns de disparo na súa fronte e 2 botóns secundario na súa parte traseira, podendo empregarse os seus botóns non só para xogar, senón tamén para disparar fotografías a distancia ou o control multimedia.
O mando conta cunha batería interna que pode cargarse a través de USB nunhas 3 horas para manter a súa autonomía durante unhas 9 horas de uso continuo. Está á venda por 39,99 dólares (29,28 euros).

O pequeno accesorio é ideal para xogar en dispositivos con iOS ou Android

PUBLICIDADE