Un proxecto de Kickstarter mellora a ergonomÃa do mando da Nintendo 64
xoves, 10 de agosto do 2017
Parece que nos últimos meses o público toleou coa febre retro ao redor da marca Nintendo, e
aproveitando o fenómeno chegou a Kickstarter o Next
Gen N64 Nintendo 64 Controller, ou sexa, un mando compatible coa clásica
consola Nintendo 64 que abandona o seu peculiar deseño con tres saÃntes e
adopta un deseño moito máis ergonómico, lembrando ao mando da Xbox 360.
Este novo mando non só coloca finalmente o stick
analóxico nunha posición cómoda, senón que tamén incrementa lixeiramente o
tamaño dos botóns C para que sexan máis cómodos (o que agradécese especialmente
para xogos nos que se fai un uso intensivo dos mesmos) e engadÃronse un par de
botóns Z (para que o botón Z estea accesible tanto coa man dereita como coa
esquerda).
Temos asà unha atractiva alternativa ao mando da Nintendo 64, que sorprendeu por
ter un prezo de só 20 dólares (34 euros cos gastos de envÃo incluÃdos) o que fixo
que en poucas horas non só superase a meta fixada polos promotores da campaña
de micromecenado para facela realidade (13.000 dólares), senón que incluso
superou todas as metas seguintes prefixadas (a máxima era de 30.000 dólares) e
non desbotan lanzar unha versión deste mando que poida operar por USB.
Os mecenas que apoien este proxecto comezarán a recibir o mando para a Nintendo
64 no mes de novembro.
A clásica Nintendo 64 tiña un mando bastante absurdo, xa que contaba con 3 saÃntes de agarre, cando as persoas só temos dúas mans