Un rabbid para cargar os mandos da Wii
venres, 20 de marzo do 2009
Os usuarios que
queiran librarse de marcar pilas para os mandos da Wii, e o queiran facer con
humor e estilo, poden mercar un cargador
para dous mandos simultáneos que inclúe pilas recargables NiMH e ten a forma dun dos coellos tolos dos xogos de Rayman que tanto éxito teñen na
consola de Nintendo. O estado da carga pode comprobarse nos ollos do coello.
Aínda non se anunciou o prezo de venda deste orixinal accesorio para a Wii,
pero a súa data de lanzamento será o 23 de abril, polo que os interesados
poderán saír de dúbidas pronto.