Un rapaz consegue dar a volta ao Tetris de NES
mércores, 9 de outubro do 2024
Existe toda unha comunidade de usuarios que seguen enganchados a versións clásicas de videoxogos, que serven de eixe de competicións e retos de distinta índole, e unha destas persoas vén de conseguir un fito histórico: dar a volta ao Tetris de NES.
O mozo de 16 anos Michael Dog Artiaga, durante unha retransmisión en directo a través de Twitch nunha canle que deixa clara a súa temática (dogplayingtetris) conseguiu superar o nivel 255 de Tetris, tras o que o xogo volveu ao nivel 0, rematando a partida no nivel 91 cun total de 2.948.164 puntos, tras o que asegurou que xa non ten interese en volve xogar o Tetris.
Cómpre salientar que este fito non era posible cunha copia orixinal do Tetris de NES, xa que o xogo tiña fallos que facían imposible avanzar tanto (a primeiros de ano un mozo de 13 anos que chegou ao nivel 157 até que fallou o xogo), polo que este record conseguiuse cunha copia do Tetris corrixida, o que fai que a marca haxa que collela con pinzas.