Un reloxo de pulso para falar por teléfono
luns, 28 de maio do 2007
Falar a distancia mediante un reloxo de pulso xa
non é exclusividade de Michael Knight (o protagonista da serie de televisión El Coche Fantástico) senón que agora os
propietarios dun terminal SMS Technology M500
poderán vestir un móbil con forma de reloxo sen perder funcionalidades.
O curioso terminal é cuatribanda, ten 128 Mb de memoria interna, reproduce MP3
e MP4, soporta Java e conectividade Bluetooth 2.0 e conta cunha autonomía de 80
horas en espera e 200 minutos en conversa.
O SMS Technology M500 tamén é
resistente á auga e conta cunha pantalla de 1,5 polgadas que acada unha
resolución de 120 x 160 píxeles, aínda que o seu prezo non parece axeitado para
calquera peto, pois se
vende a 1.000 dólares australianos (uns 609 euros).