Un tablet de sobremesa de 21,5 polgadas e Android 4.0.3
martes, 10 de xullo do 2012
O fabricante xaponés Kouziro
lanza este mesmo mes por 34.800 iens (357,27 euros) un sorprendente tablet de escritorio, que cunha pantalla de
21,5 polgadas cunha resolución de 1.920 x 1.080 píxeles tamén pode empregarse
como monitor externo a través dunha entrada micro HDMI.
O FRONTIER
Smart Display (FT103) ten que estar conectado a corrente para funcionar,
está baseado en Android 4.0.3 e como características técnicas ten un procesador
de dobre núcleo TI OMAP 4428 a 1 GHz, 1 Gb de RAM, 8 Gb de almacenamento
interno, altofalantes estéreo, 2 portos USB 2.0, lector de tarxetas micro HDMI,
Ethernet, Wi-Fi N, Bluetooth 2.1, webcam de 1,2 Mpíxeles, unhas medidas de
512,8 x 353 x 24,8 milímetros e un peso de 5 quilos.