Un teclado e un rato permite xogar á PS4 como se estivésemos nun PC

luns, 27 de xullo do 2015 Marcus Fernández

Os xogadores máis tradicionais aos xogos de acción en primeira persoa están afeitos a xogar no ordenador cun teclado e un rato, e para permitirlles trasladar o seu estilo de xogo a consolas de videoxogos Hori está a preparar o seu Tactical Assault Commander 4, un teclado e un rato con cable para PS3/PS4 que traduce os controis propios das consolas a unha interface física de ordenador e que sairá á venda en outubro a un prezo de 99,99 euros.
Aparte de contar cun teclado reducido e dun rato, tamén pode ampliarse o teclado incorporándose un touch pad, como acontecía coa versión anterior deste accesorio (só compatible coa PS3) e que aínda está dispoñible a un prezo inferior aos 90 euros.

PUBLICIDADE